A COVID-19 en Galicia durante a desescalada

Visualización ou descarga de ficheiros
Visualización ou descarga de ficheiros
Data de publicación
2020Título da revista
Boletín epidemiolóxico de Galicia BEG
Tipo de contido
Journal Article
Resumo
O artigo trata sobre o comportamento da COVID-19 en Galicia durante as cinco semanas que durou a desescalada, dende o 11 de maio de 2020 (semana 20) ata o 15 de xuño de 2020 (semana 24). urante este período, o sistema de vixilancia da COVID-19 ampliouse para aumentar a sensibilidade e a representatividade. Isto logrouse ampliando a definición de caso sospeitoso e realizando PCR a todos os casos sospeitosos. Tamén se comezou a recomendar a realización de PCR aos contactos estreitos dos casos. Durante a desescalada confirmáronse 155 casos de COVID-19 mediante PCR. A taxa de incidencia acumulada foi de 5,7 casos por cada 100.000 habitantes. O número de casos diminuíu progresivamente ao longo das fases da desescalada. O 48% dos casos eran asintomáticos no momento da toma da mostra, e o 37% eran contactos doutro caso. O 57% dos casos detectados durante a desescalada eran mulleres e o 43% homes. A idade media dos casos diminuíu durante as fases II e III da desescalada. O 14% dos casos precisaron ingreso hospitalario. Durante a desescalada fixéronse 42.756 PCR para SARS-CoV-2 nos hospitais do Sergas, das que o 2% foron positivas. A porcentaxe de positividade diminuíu ao longo das fases da desescalada. A taxa de incidencia acumulada durante a desescalada foi moi parecida en cinco das áreas sanitarias, mentres que nas áreas da Coruña e Ourense foi máis elevada. Durante a desescalada fixéronse 18.051 PCR a persoas con síntomas compatibles con COVID-19 (casos sospeitosos). As solicitudes de proba realizadas en atención primaria foron 1,5 veces máis que as realizadas nos hospitais.
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese comoAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
