Farinxite e amigdalite estreptocócica e escarlatina en Galicia na primeira metade de 2023

Visualización ou descarga de ficheiros
Visualización ou descarga de ficheiros
Data de publicación
2023Título da revista
Boletín epidemiolóxico de Galicia BEG
Tipo de contido
Journal Article
Resumo
O obxectivo deste informe é analizar as consultas en Atención Primaria en Galicia por farinxite e amigdalite estreptocócica e as consultas por escarlatina dende o ano 2016 ata a semana 26 de 2023, que rematou o 2 de xullo. Realizous eunha extracción da base de datos de Atención Primaria do Sergas para os diagnósticos de escarlatina, farinxite e amigdalite estretocócica rexitrados entre o inicio da semana 1 de 2016 á 26 de 2023. As taxas de consulta en Atención Primaria por farinxite e amigdalite estreptocócica e por escarlatina observadas nas 26 primeiras semanas de 2023 son moi superiores ás correspondentes ao período anterior á pandemia de COVID-19.
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese comoAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
