O papel do control oficial na protección da saúde
Files view or download
Files view or download
Date issued
2024Journal title
Venres epidemolóxico: folla mensual de información epidemiolóxica de Galicia
Publisher
Consellería de Sanidade
Type of content
Artigo
MeSH
Health Inspection | Public Health AdministrationAbstract
No contexto da protección da saúde, o control oficial é o
conxunto de actuacións encamiñadas a verificar o
cumprimento da lexislación sanitaria realizadas polo persoal
de inspección de saúde pública, veterinarios (seguridade
alimentaria) e farmacéuticos (sanidade ambiental). As
distintas actuacións comprenden inspeccións, auditorías e
toma de mostras, recollidas en plans e programas co fin de
garantir un idóneo nivel de protección da saúde da cidadanía . Estas actuacións poden ocorrer dentro dun
contexto planificado para garantir que non existan
problemas de saúde pública e notificalos en caso de ser
detectados, pero tamén se levan a cabo cando se xera unha
alerta, en moitos casos detectadas por profesionais
sanitarios do ámbito clínico. Polo tanto, a sospeita clínica e
posterior comunicación ás autoridades sanitarias facilita a
detección temperá de ameazas alimentarias e ambientais,
evitando un impacto maior para a saúde da cidadanía.
Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional












