Mostrar el registro sencillo del ítem
A COVID-19 en Galicia durante a desescalada
dc.date.accessioned | 2025-02-26T13:31:28Z | |
dc.date.available | 2025-02-26T13:31:28Z | |
dc.date.issued | 2020 | |
dc.identifier.issn | 1695-419X | |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/20.500.11940/19661 | |
dc.description.abstract | O artigo trata sobre o comportamento da COVID-19 en Galicia durante as cinco semanas que durou a desescalada, dende o 11 de maio de 2020 (semana 20) ata o 15 de xuño de 2020 (semana 24). urante este período, o sistema de vixilancia da COVID-19 ampliouse para aumentar a sensibilidade e a representatividade. Isto logrouse ampliando a definición de caso sospeitoso e realizando PCR a todos os casos sospeitosos. Tamén se comezou a recomendar a realización de PCR aos contactos estreitos dos casos. Durante a desescalada confirmáronse 155 casos de COVID-19 mediante PCR. A taxa de incidencia acumulada foi de 5,7 casos por cada 100.000 habitantes. O número de casos diminuíu progresivamente ao longo das fases da desescalada. O 48% dos casos eran asintomáticos no momento da toma da mostra, e o 37% eran contactos doutro caso. O 57% dos casos detectados durante a desescalada eran mulleres e o 43% homes. A idade media dos casos diminuíu durante as fases II e III da desescalada. O 14% dos casos precisaron ingreso hospitalario. Durante a desescalada fixéronse 42.756 PCR para SARS-CoV-2 nos hospitais do Sergas, das que o 2% foron positivas. A porcentaxe de positividade diminuíu ao longo das fases da desescalada. A taxa de incidencia acumulada durante a desescalada foi moi parecida en cinco das áreas sanitarias, mentres que nas áreas da Coruña e Ourense foi máis elevada. Durante a desescalada fixéronse 18.051 PCR a persoas con síntomas compatibles con COVID-19 (casos sospeitosos). As solicitudes de proba realizadas en atención primaria foron 1,5 veces máis que as realizadas nos hospitais. | |
dc.language.iso | glg | es |
dc.rights | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional | |
dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ | |
dc.title | A COVID-19 en Galicia durante a desescalada | |
dc.type | Journal Article | es |
dc.issue.number | 3 | |
dc.journal.title | Boletín epidemiolóxico de Galicia BEG | |
dc.page.initial | 20 | |
dc.page.final | 31 | |
dc.relation.publisherversion | https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/7095/BEG_XXXII-3.pdf | es |
dc.rights.accessRights | openAccess | |
dc.subject.keyword | Boletín Epidemiolóxico de Galicia BEG | es |
dc.subject.keyword | DXSP | es |
dc.volume.number | 32 |
Ficheros en el ítem
Este ítem aparece en la(s) siguiente(s) colección(ones)
Excepto si se señala otra cosa, la licencia del ítem se describe como Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
